É un sistema deseñado para levar a cabo unha xestión documental e de traballo interno dún laboratorio de metroloxía. Permite levar o control metrolóxico voluntario e o control metrolóxico imposto por normativa legal.
Este sistema ofrece a posibilidade de:
Xestión de Persoal e Recursos dó laboratorio.
Configuración dós Laboratorios.
Xestión de Clientes.
Definición de Departamento e Áreas.
Configuración de Procedementos.
Control de Subcontratacións.
Xestión de entradas/salidas de mostras ó almacén
Administración Órdenes de Traballo Internas.
Xeración automática de certificados de calibración.
Xeración e impresión de etiquetas identificativas de mostras.
Esta aplicación está dirixida a laboratorios de metroloxía que desexen automatizar o fluxo de traballo interno a través dunha ferramenta informática cumprindo coa norma de calidade UNE EN ISO 17025.
Entre as principais características deste sistema cabe destacar:
Multiusuario: esta aplicación pode ser utilizada por varios usuarios dun laboratorio de forma simultánea. Cada un deles cun perfil distinto (xefe de departamento, operario, administrativo, etc.).
Supón un aforro de soporte papel no laboratorio, xa que todos os datos atópanse completamente informatizados.
Control documental: a aplicación permite almacear os documentos relacionados con cada traballo, dende a entrada da mostra ata a saida do obxecto de calibración.